A defensa guiou ao Ensino

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

Os oito puntos encaixados na primeira parte foron claves no debut ante BBCA

O Cafés Candelas Ensino debutou ao grande na Primeira División cadete feminina, competición na que o club da capital ten depositadas grandes esperanzas esta tempada.
O conxunto que dirixe Adrián González preparou a conciencia o partido. Mentalizou ao seu equipo de que o encontro se gañaría desde a defensa e o equipo bordouno neste aspecto, especialmente na primeira parte na que tan só encaixaron oito puntos repartidos en catro en cada un dos dous primeiros parciais.
Cunha gran defensa o equipo empezou a crecer en ataque, aínda que con porcentaxes baixas. A pesar diso o 16-4 dos primeiros minutos dáballe confianza a un Ensino que no segundo parcial mellorou no ataque estático e con iso foise ata o 30-8 co que se chegou ao descanso.
A esperada relaxación fixo acto de presenza ao comezo da segunda parte, tamén propiciada pola falta de frescura propia destas alturas de tempada, aínda que Ensino controlou en todo momento un partido que se pechou cun parcial de 29-25 na segunda parte.

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu