A defensa estudiantil secou a Maristas

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

As rapazas do Estudiantes infantil tamén venceron por KO na Coruña

Estudiantes infantil feminino dominou de principio a fin o encontro ante Maristas Coruña exercendo unha defensa que afogou ás herculinas. O conxunto de Julia Pena roubou moitos balóns que se traduciron en canastras fáciles á contra e en ataque estático eran superiores no un contra un, polo que o partido quedou sentenciado nos primeiros dez minutos con máis 23 para as lucenses, 6-29.
A dinámica continuou no segundo cuarto, 11-26, e no terceiro pechouse o marcador. Todas as xogadoras dispuxeron de minutos de calidade e demostraron que o equipo está nun bo momento de forma deixando practicamente asegurado o primeiro obxectivo da tempada ao final da primeira volta.

“Acabamos la primera vuelta con buenas sensaciones” JULIA PENA Estudiantes Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu