A defensa descolga ao Cidade da loita polo ascenso

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Cidade de Lugo

“Sin defensa es imposible competir a cualquier nivel”

BASQUET CORUÑA 94 – CIDADE 47

O Cidade de Lugo despediuse das súas opcións de ascenso á Liga Galega júnior masculina tras perder con claridade ante Basquet Coruña, nun partido no que os de Adrián González non puideron facer fronte ao ataque herculino, ao afrontar o encontro con moitas ausencias.
As malas sensacións acompañaron aos lucenses desde os primeiros minutos, nos que se viron superados atrás, apenas tiveron opcións de correr e tiveron moitos problemas para anotar con fluidez, de aí ao 26-11 co que finalizou o primeiro cuarto.
Coa premisa de meterse no partido comezou o segundo parcial, pero Cidade nunca chegou a igualar as forzas cos locais e ao descanso o marcador xa era de 51-26. Co paso dos minutos na segunda parte as opcións de Cidade desapareceron ante a maior rotación local, polo que os últimos vinte minutos foron un querer e non poder na Coruña.
Os de Adrián González despedirán a tempada en casa, recibindo a un Gabadi Basket Ferrol que está inmerso na loita polo primeiro posto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu