Debutante, revelación e candidato

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

Tan só Culleredo, próximo rival de maristas, mantén o pulso dos de Rubén Engroba no alto da clasificación ao remate da primeira volta na Liga Galega preinfantil

Maristas xa é unha realidade entre os mellores equipos da Liga Galega preinfantil. Os de Rubén Engroba chegaron para quedarse e agora fano para competir e discutirlles o título zonal aos mellores equipos autonómicos.
O bo estado de forma dos colexiais era unha realidade, pero había que pasar unha proba de lume para comprobalo e chegar ao parón de Nadal con todas as espadas no alto, liderando a competición. A proba era en grao sumo esixente xa que no Pazo presentouse o teórico mellor equipo da competición, Narón. Un rival que está afeito a gañar de forma clara, cun persoal amplo e moi físico, pero que mordeu o po no Anexo.
Maristas se exprimiu desde o inicio ante un rival con formulacións pouco frecuentes nesta categoría, tomando o mando no marcador desde os primeiros minutos cun parcial inicial de 21-16.
Maristas controlou á perfección o cinco para cinco en defensa e saía con relativa facilidade da presión rival aínda que as porcentaxes de acerto non foron de todo altas, os lucenses chegaron ao descanso con 36-27 no electrónico.
Esperábase a reacción de Narón e esta chegou ao comezo da segunda parte cunha presión moi alta e acerto ata poñerse a dous puntos. Cando peor pintaban as cousas, Maristas secou ao mellor xogador visitante e Julián fixo o resto en ataque anotando todos os puntos de Maristas nos últimos dez minutos, nos que asinaron unha vitoria das que se fala en toda Galicia.
Dende o máis alto da Primeira División preinfantil os de Rubén Engroba despiden o 2018, mentres que o 2019 comezará cun duelo directo polo liderado ante Culleredo a domicilio. No partido de ida, disputado no Anexo, Maristas gañou por dous puntos, agora no de volta, ademáis da vitoria, estará en xogo o primeiro posto en solitario.

“Seguimos creciendo paso a paso mientras competimos al máximo nivel” RUBÉN ENGROBA Maristas Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu