O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

En Minibasket, Minis, Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria e Estudiantes Rojo debutaron na competición en Ferrol

 

Esta fin de semana arrancou a Liga Galega Preminibasket, coa disputa das dúas primeiras xornadas en diferentes sedes.

Premini feminina
O Anexo acolleu a estrea da competición feminina na que María Auxiliadora e Adrián Salgado CB Sarria puideron estrearse en terreo coñecido. Un aliciente máis para os dous equipos que teñen na presenza nesta competición o premio a un gran temporada despois de quedaren primeiro e segundo no campionato provincial. Os resultados pasaron a segundo plano nunha xornada preparada sobre todo para disfrutar da competición e aproveitar os encontros para seguir medrando de cara á vindeira temporada.
As colexiais arrancaron a xornada medíndose ao As Pontes, nun partido marcado polos nervios do debut no que as pontesas foron superiores. Si que puideron estrear o casilleiro ante Baxi Ferrol, nun partido parello no que caeron por seis puntos.
Ante os ferroláns tivo tamén opcións o CB Sarria que, pese a quedar cerca, non puido estrearse cunha vitoria. Tampouco puido vencer despois ao As Pontes, que demostrou ser o equipo máis forte do grupo.

Premini masculino
A competición masculina comezou para os equipos lucenses, Oribio e Estudiantes Rojo en Ferrol, aos que lles tocou medirse no primeiro partido. Un derbi con vitoria para os sarriaos, 94-60. que lograron o único triunfo lucense na sede. No segundo partido caeron ante Baloncesto Narón. Os estudiantís tampouco puideron sumar ante BBCA.

Minibasket feminino
A vindeira fin de semana disputarase o partido de ida da final polo título provincial que medirá a María T. Martínez Dental CB Sarria e Alas de Mariposa CB Burela. O primeiro partido disputarase o sábado no Chanto. As burelás terán a cancha a favor na volta, que se xogará o 26 de maio.
Esta fin de semana disputouse a ida da eliminatoria polo terceiro posto entre Cidade de Lugo e Franciscanos, 51-37. A volta está prevista para o 25 de maio.
Xa resoltos quedaron os duelos polo quinto posto entre CB Viveiro e Estudiantes Celeste, 64-13 para os mariñaos, e pola sétima praza entre Galén Ensino e Fingoi, 66-17 para os colexiais.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu