Cruel desenlace

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

Estudiantes mandou no marcador 39 dos 40 minutos de xogo no Anexo ante Culleredo

Cruel desenlace final para Estudiantes nun partido que dominaron no marcador durante 39 dos 40 minutos de xogo.
Os celestes marcaron as directrices a seguir desde o inicio, dominando o rebote defensivo para poder correr e o ofensivo para dispoñer de segundas opcións nun primeiro cuarto con intercambio de canastras que finalizou con 23-20.
A defensa estudiantil empezou a frouxear un pouco no segundo parcial, concedendo canastras fáciles e segundas opcións coas que Culleredo deulle a volta ao marcador no ecuador do segundo cuarto. Ángel Riobóo solicitou un tempo morto e Estudiantes entendeu a mensaxe, xa que ao descanso recuperou o mando con oito puntos de vantaxe no marcador, 43-35.
Os celestes volveron dominar o rebote e despegou no marcador cun momentáneo 54-43, pero concedeu oito puntos fáciles e ao último parcial chegouse cun axustado 59-56.
O inicio do último cuarto foi espectacular por parte lucense, chegando a ter unha renda de 10 puntos de vantaxe a seis minutos para o final. Cando todo estaba de cara, as perdas de balón xeraron dúbidas e levaron o partido a un cara ou cruz nos últimos instantes que caeu cruz para Estudiantes.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu