Cruel desenlace final con polémica para Ribadeo

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

JOSE VÁZQUEZ – Ría de Ribadeo

“Jugar 7 contra 5 y perder solo de tres puntos es una gran victoria. Ánimo chicas”

CÍA MARÍA 55 – RIBADEO 52

Ribadeo tivo demasiados factores en contra en Santiago. Pese a iso, o conxunto que dirixe Jose chegou aos últimos dez segundos con empate no marcador e con posesión.
Antes de todo iso viuse un partido excesivamente duro no que Ribadeo, en condicións normais, sentenciaría antes do último cuarto.
Empezou mandando Compañía de María, cunha defensa agresiva que castigaba a Aldara e ás xogadoras interiores de Ribadeo. O 13-7 do primeiro parcial recuperárono as lucenses no segundo cuarto, no que responderon á intensidade local cun bo baloncesto. Ribadeo chegou a mandar por 10 puntos, pero cada vez que ían a despegar no marcador sufrían algún contratempo. Pese a iso ao descanso chegouse con 24-32 tras un segundo parcial de 11-25.
Xa na segunda parte, malia que ás locais sinaláronselles 31 faltar persoais, a sensación era de que eran poucas. Mentres que Ribadeo quedouse sen as pívots Sara e Fátima, expulsadas antes do último cuarto ao que se chegou con 42-45 no marcador.
Nos últimos dez minutos Aldara tívose que retirar lesionada nunha acción na que non se pitou nin falta. Pero o desenlace chegou a falta de oito segundos con empate no marcador e posesión para Andrea, á que se lle sinalaron uns rigorosos pasos que lle daban a posesión ás locais. Jose, adestrador mariñao, pediu que se lle aclarase a xogada e o árbitro respondeu cunha técnica ao banquiño que levou a unha xogadora local ao tiro libre. Esta anotou a canastra e Compañía de María aproveitou o desconcerto para ampliar a renda ata os tres puntos nun partido no que Ribadeo foise coa sensación de que non lles deixaron gañar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu