Cruel desenlace final no Anexo

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

Estudiantes tivo a iniciativa no xogo e no marcador ata o tramo final

Cruel desenlace final para Estudiantes no partido que lle mediu con Vilagarcía no Anexo, onde se puido ver un partido de altos voos entre dous grandes equipos que competiron de poder a poder ata o último segundo. Nesta ocasión a moeda caeu para o lado visitante. Un desenlace final ao que Vilagarcía chegou mellor físicamente, nun partido decidido por pequenos detalles.
Nos primeiros dez minutos os dous equipos tenteáronse, sen un dominador claro e con ambos escondendo un as debaixo da manga. 14-16 de saída que remontou Estudiantes con autoridade, nun segundo cuarto no que as de Julia Pena xogaron un gran baloncesto. Dominaron o rebote, correron e anotaron en rápidas transicións á vez que foron xenerosas e solidarias en defensa. Todo iso viuse reflectido no marcador cun segundo parcial de 22-12 que deixaba o marcador en 36-28 ao descanso.
Estudiantes empezou a segunda parte coas mesmas sensacións que terminou a primeira, pero tivo un exceso de precipitacións ao querer pechar o partido canto antes. Aos poucos o cansazo foi gañando protagonismo ,pero as celestes chegaron aos últimos dez minutos con máis 9 no marcador, unha renda que foi insuficiente pese a que tiveron varias ocasións para sentenciar un partido no que todo se decidiu nos últimos instantes.
Estudiantes despedirá o 2018 dentro de dúas semanas, tralo parón da próxima fin de semana ante Maristas na Coruña.

“Nos sobró el último cuarto del encuentro” JULIA PENA Estudiantes Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu