Un cruel desenlace final no Anexo cun Estudiantes desfondado no último cuarto

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Hicimos lo más complicado, que era remontar, y nos fallaron las fuerzas al final”

ESTUDIANTES 62 – MARÍN 68

Estudiantes quedouse ás portas da vitoria nun partido discreto dos lucenses na primeira parte, pero cunha boa reacción na segunda metade á que tan só lle sobraron os últimos minutos.
De inicio as sensacións non foron boas, imprecisos e con moitas precipitacións en ataque ante un Marín máis asentado na pista que anotaba con fluidez, sobre todo desde o perímetro, para tomar as primeiras vantaxes no marcador, 8-16.
No segundo cuarto, cando Estudiantes empezaba a crecer, Marín suscitou unha defensa zonal que secou o goteo anotador dun Estudiantes que non tivo acerto pese a mover ben o balón e a atopar tiros liberados. Ao descanso o resultado no Anexo era de 23-35.
Desde os primeiros minutos da segunda parte viuse unha versión mellorada de Estudiantes, cunha boa defensa, pechando e dominando o rebote e saíndo á contra con alegría. Todo iso viuse reflectido no marcador cun parcial de 22-12 que comprimía un marcador ao que lle deron a volta ao comezo do último cuarto, no que Estudiantes se puxo por diante ata con catro puntos de vantaxe.
Todo parecía rodado para alzarse coa vitoria, pero os de Pablo Abuín chegaron ao final do encontro na reserva, tiveron baixas porcentaxes desde o tiro libre e cun par de perdas de balón Marín levouse a vitoria do Anexo na recta final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu