Clara Prieto guiou a Bosco cara o título Galego

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Estamos compitiendo a un gran nivel, pero nos está faltando rematar la faena”

ESTUDIANTES 58 – BOSCO 63

Estudiantes deu a cara ante un Bosco Salesianos que se perfila como Campión Galego da man de Clara Prieto, que no Anexo foise ata os 32 puntos e foi o factor desnivelante, como o foi tamén a diferenza de faltas sinaladas na primeira parte.
As de Julia Pena volveron estar a un nivel moi alto, empezaron o partido serias e concentradas, coas ideas claras en defensa e en ataque, onde faltou a guinda do acerto. Todo o que tivo Bosco, que cada vez que atacaba anotaba por medio de Clara ou sacaba falta persoal. 10-16 no primeiro cuarto, mentres que no segundo, as lucenses estiveron máis acertadas no tiro, obrigaron a Bosco a lanzar desde fóra cunha gran defensa e, froito dun gran esforzo, déronlle a volta ao marcador para chegar con vantaxe ao descanso, 29-28.
Na segunda parte, malia a carga de faltas, as rotacións lucenses estiveron a un gran nivel de intensidade, pero Bosco subiu o acerto no tiro exterior para tomar vantaxe cun parcial de 16-22 no terceiro cuarto. Nos últimos dez minutos Estudiantes loitou por cada balón para chegar con opcións ao tramo final, no que volveu aparecer a inspiración de Clara Prieto para anotar ou asistir ás súas compañeiras para que Bosco saíse do Anexo con medio título no peto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu