Cidade xa lidera en solitario tras unha xornada na que tamén gañaron, AG, Viveiro e Celtas

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

CIDADE 62 – SAN CIPRIÁN 56

SAGRADO 49 – AG ELEVADORES 52

CB VIVEIRO 55 – SANEAMIENTOS SARRIA 4

CB CELTAS 61 – ESTUDIANTES 05 11

 

Cidade gañou o duelo de invictos contra o San Ciprián. Nun partido para o recordo, os locais conseguiron un triunfo que os deixa á fronte da clasificación, en solitario, ao final da primeira volta.
O encontro comezou cun ritmo moi alto e un intercambio de canastras que mantivo o marcador igualado. Antes do descanso, os mariñaos conseguiron unha pequena vantaxe con accións de un para un nas que fixeron valer o seu poderío físico. A segunda metade comezou ao ritmo marcado polos visitantes, que puideron ampliar a diferenza ata os oito puntos ante un Cidade impreciso e precipitado nos tiros.
No entanto, no momento máis crítico para eles, tras un tempo morto, os capitalinos tiraron de garra e volveron engancharse ao partido, comenzando a recuperarse no marcador. O despregue do último cuarto, ante un San Ciprián lastrado polas faltas e o cansazo, e con só dous xogadores no banquiño, permitiulles aos de Christian Martín darlle a volta ao marcador cun parcial de 22-12.
Ademais deste espectacular choque na cima da táboa, a xornada ratificou o despegue de AG Elevadores. Os sarriaos lograron a súa cuarta vitoria consecutiva ante Sagrado Corazón, nun partido parello que decidiron nos minutos finais grazas ao seu acerto no tiro exterior.
CB Viveiro e CB Celtas tamén se impuxeron a Saneamientos Sarria e Estudiantes 05 en dous partidos moi desnivelados.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu