Cidade segue na loita polo ascenso. Derrotas de Ribadeo e Estudiantes

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

CIDADE 70 – LOS ROSALES 46

CB RIBADEO 46 – BASKET FERROL 96

ESTUDIANTES 55 – FERROL CB 74

 

O máis destacado da penúltima xornada da Segunda División júnior masculina foi a clasificación do Cidade de Lugo para a segunda fase, polo que os de Adrián Gónzalez seguen inmersos na loita por recuperar unha praza na Liga Galega a próxima tempada.
Coa vitoria ante Os Rosales chegan á última xornada cunha vitoria máis que Ferrol Baloncesto, ante o que teñen o basketaverage particular a favor.
A primeira fase despedírona en casa, cunha vitoria máis efectiva que vistosa, ao dominar as situacións de cinco para cinco e contraataque para tomar as primeiras vantaxes no marcador, 24-16, que ampliaron no segundo cuarto ata o 36-23 co que se chegou ao descanso.
No terceiro periodo controlaron o rebote e tiveron rapidez na saída de balón para anotar fácil e sentenciar o encontro cun 20-10 de parcial, permitíndose un exceso de relaxación no último que terminou con 12-13.
Ribadeo. pola súa banda, viuse superado polo líder invicto da Liga, un rival que segue demostrando que é doutra categoría, pero o peor sen dúbida foi a lesión de Marco. No deportivo, os de Rubal aguantaron o tirón inicial dos ferroláns, 10-12 mediado o primeiro parcial, pero a partir de aí o líder exerceu a súa condición cunha defensa moi física e con velocidade en ataque para ir desnivelando o marcador pouco a pouco co paso dos minutos ata o definitivo 46-96.
Tamén se levou a vitoria Ferrol Baloncesto do Anexo ante Estudiantes nun partido no que os ferroláns, malia acudir con tan só cinco xogadores, esgotaban as súas opcións de clasificarse como segundos. Os lucenses estiveron ben en tres cuartos, con acerto no tiro exterior na primeira metade, na que asinaron cinco triplos, e que terminou con 30-32. Mentres que na segunda metade os visitantes foron cada vez a máis e desnivelaron o marcador con dous parciais a favor, 14-21 e 11-21.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu