Cidade pode ascender a próxima fin de semana

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

CRISTIAN MARTÍN – Cidade de Lugo

“Estos partidos, además de aprender, te hacen crecer”

BALONCESTO CAMBRE 57 – CIDADE DE LUGO 62

Os de Cristian Martín están a un paso de conseguir o obxectivo final, e é que de gañar a vindeira fin de semana a CB Artai, Cidade sería novo equipo da Primeira División infantil masculina.
De perder por menos de dez puntos en Carballo os lucenses aínda dependerían de si mesmos na última xornada, na que cunha vitoria na casa ante Peleteiro B tamén serían novo equipo de Liga Autonómica.
Para chegar así ás dúas últimas citas da tempada, Cidade tivo que traballar, e moito, para gañar a Baloncesto Cambre o pasado sábado nun encontro que se foi á prórroga.
Os de Cristian xogaron dende os primeiros minutos o seu baloncesto, cun gran acerto no tiro exterior, pero a agresiva defensa local fixo moito dano ao longo de todo encontro, e Cambre foi sempre por diante con pequenas vantaxes,
No último cuarto Cidade foi a por todas. E cun último arreón en defensa, un roubo de balón a menos de un minuto para o final e 4 puntos consecutivos de Pablo levaron o partido á prórroga.
No tempo extra o conxunto lucense quitouse a presión e xogou os mellores minutos, reboteando e correndo para pechar un partido moi difícil que lles permite ter o ascenso a tan só 40 minutos, os que se xogarán a próxima fin de semana en Carballo contra CB Artai.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu