Cidade non compareceu ante un rival coñecido

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Cidade de Lugo

“En tan solo cinco minutos se fue todo al traste”

BASKET FERROL 80 – CIDADE DE LUGO 32

O Cidade de Lugo caeu con claridade na súa visita a unha pista xa coñecida esta tempada polos de Adrián González, xa que Basket Ferrol e Cidade de Lugo chegaron a esta última fase polo ascenso desde o mesmo grupo.
Os ferroláns foron campións invictos da primeira fase, polo que Cidade xa era consciente do seu potencial. Con todo, os lucenses non foron competitivos en ao comezo do partido o encontro quedou sentenciado cando apenas se disputaran cinco minutos.
O apagón ofensivo non tivo como resposta a intensidade defensiva. Cidade non anotaba e concedía moito, de aí ao 24-4 co que finalizaron os primeiros dez minutos e cos que o encontro quedou completamente visto para sentenza.
No segundo parcial Cidade intentou cortar a sangría, pero os locais continuaron anotando con moita facilidade, e tras un segundo cuarto de 25-14, ao descanso chegouse cun claro e contundente 49-18.
A lectura máis positiva do encontro foi a reacción tralo descanso, cando o marcador invitaba a baixar os brazos por completo. Cidade apelou un pouco ao orgullo e conseguiu competir o terceiro cuarto, 14-11, mentres que no último ambos equipos deixáronse ir un pouco máis ata chegar ao definitivo 80-32 co que finalizou este encontro en Ferrol.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu