Cidade de Lugo puxo o mono de traballo e logrou o primeiro triunfo nunha xornada que transcorreu sen sorpresas

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

CIDADE 67 – ORAL DESIGN 47

MGR SARRIA 54 – CB BURELA 70

ESTU 03 41 – CB RIBADEO 88

CB CELTAS 46 – HIERROS 108

SAGRADO 18 – ESTU 02 122

 

Primeira vitoria para Cidade de Lugo que consiguiu abrir unha brecha no marcador no segundo cuarto, 18-4, a base dun traballo intenso en defensa que lles permitiu correr contrataques e anotar canastras fáciles. Os 20 puntos de vantaxe que acumulaban ao final da primeira metade permitironlles afrontar con tranquilidade unha segunda na que o Oral Design, con máis rotacións, acabou sendo mellor.
O triunfo de Cidade de Lugo destaca nunha xornada sen sorpresas, con vitorias dos catro primeiros clasificados, CB Ribadeo, Estudiantes Lugo 02 e CB Burela -que seguen invictos-, e Hierros Ferreiro.
O equipo de Manolo Cobas pasou máis apuros que o resto para sacar adiante o encontro ante un MGR CB Sarria que comezou xogando con moita soltura e clarividencia, encontrando sempre ao xogador liberado para manter o balón. Así, o encontro chegou ao intermedio cun axustado 28-29 no marcador. Tras o descanso, o equipo local atopou máis dificultades para circular o balón. O Burela, máis activo en defensa nesta segunda metade, tapou as súas penetracións, e o desacerto na liña de tres acabou diluíndo as opcións do equipo local para facerse coa vitoria. Con todo, as sensacións ao final do partido eran mellores para os de Rubén Pernas, que lle discutiron o triunfo a un equipo que chegaba ao Novo Chanto invicto, que para os visitantes, que precisan acumular confianza de cara un mes de decembro que se presenta moi complicado. Tras o partido contra o Oral Design, a vindeira semana, mediranse a CB Ría de Ribadeo,

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu