Cidade de Lugo estreou a conta tras un gran sprint

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal grande

ADRIÁN GONZÁLEZ – Cidade de Lugo

“Conseguimos una victoria muy trabajada”

CIDADE DE LUGO 57 – CINESIA 41

Cidade de Lugo sumou a súa primeira vitoria na fase de ascenso júnior masculina, tras impoñerse no Anexo nun partido máis disputado do que indica o marcador final, sobre todo na primeira media hora de partido, mentres que nos dez últimos minutos os de Adrián González ofreceron o seu mellor baloncesto cun parcial de saída de 14-0 que terminou con 25-4.
Ao comezo do encontro as sensacións foron boas, con moita actividade defensiva, boa selección de tiro e acerto, co único lunar nos problemas atrás para controlar o xogo interior do seu rival, de aí ao axustado 14-10 do primeiro cuarto.
No segundo chegaron os peores momentos dos lucenses ao longo do encontro. Cidade foise do partido e encaixou un parcial de 6-12 co que se chegou ao descanso con 20-22.
No intermedio, Cidade intentou volver a enchufarse ao partido, pero fíxoo de menos a máis. Empezou crecendo desde a defensa, pero concederon algunha canastra fácil e en ataque as ideas aínda non estaban do todo claras. O 12-15 do terceiro cuarto rebaixou a vantaxe visitante en cinco puntos de cara aos dez últimos minutos.
No último parcial Cidade de Lugo fíxoo á perfección. A defensa estivo a un gran nivel e, en ataque, en cinco para cinco, foron imparables asinando un 14-0 de saída co que lle deron a volta ao marcador e puxeron rumbo fixo cara á súa primeira vitoria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu