Cidade de Lugo estará na fase final tras impoñerse en Ferrol

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal grande

ADRIÁN GONZÁLEZ – Cidade

“Un gran partido con dos caras y un buen final”

PRAIA CARIÑO 53 – CIDADE DE LUGO 56

Eliminatoria vibrante cun final de infarto no que Cidade de Lugo selou o pase para a fase final na que os de Adrián González loitarán por unha praza na Liga Galega júnior masculina a próxima tempada.
O cruzamento foi espectacular ao longo dos oitenta minutos disputados nos dous encontros. O partido de ida no Anexo finalizou con empate a 64, polo que todo decidiuse no de volta, especialmente no último minuto.
Ata entón Cidade empezou con boas sensacións en ataque, pero o balance defensivo non era do todo bo e o primeiro cuarto pechouse coas espadas en todo o alto, 15-14.
No segundo cuarto Cidade pasou polos seus peores momentos, sufrindo en defensa en ataque estático ao sacar vantaxes os locais nas penetracións, pero a base de traballo colectivo e do acerto en ataque de Rasilla e Pablo Díaz, mantivéronse vivo cun parcial de 18-12 que deixaba o marcador en 33-26 ao descanso.
Ao comezo da segunda parte Cidade endureceu a defensa, pero en ataque fallou canastras fáciles que lles privaron de recortar distancias, 13-13, para chegar con menos 7 aos últimos dez minutos.
Á hora da verdade Cidade conseguiu atacar con claridade a defensa zonal proposta polos ferroláns ata poñerse a un só punto a falta de tan só 38 segundos para o final do encontro.
Os lucenses mantiveron a cabeza fría, mentres que a Cariño púidolle a presión. Cidade anotou tras un saque de fondo e púxose por diante no marcador, 53-54 pero a última posesión era para Praia do Cariño. A defensa lucense roubou o balón e á contra anotou a definitiva canastra nun final de partido épico que lles deu o pase para a fase final

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu