Cidade de Lugo buscará a clasificación en Ferrol

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Cidade de Lugo

“Mala segunda parte que nos deja un gran partido de vuelta”

CIDADE 64 – BBCA 64

O encontro de ida da eliminatoria que mide a Cidade de Lugo con Praia e Cariño por seguir con vida na loita polo ascenso á Liga Galega júnior masculina finalizou con empate a 64, polo que o pase decidirase no encontro de volta en Ferrol dentro de 15 días.
Cidade empezou mandando no Anexo, cun xogo alegre en ataque pero con problemas defensivos, de aí que a diferenza no primeiro cuarto fose tan só de 6 puntos, 24-18.
Coa premisa de dar un paso á fronte atrás, Cidade iniciou o segundo parcial, pero os de Adrián Gónzález non puideron controlar as situacións de xogo por liña de fondo dos visitantes e a primeira parte terminou con máxima igualdade, 36-35.
Tralo descanso a Cidade custoulle volver coller ritmo de partido, con problemas para anotar con fluidez e fráxiles en defensa. Pese a iso, chegaron aos últimos dez minutos con vantaxe no marcador, 49- 46.
No último cuarto chegaron os peores momentos para os de Adrián Gónzalez, que se viron con ata oito puntos por debaixo no marcador. Con todo, cun último arreón, os lucenses conseguiron igualar as forzas no marcador para terminar cun empate a 64 que deixa todo aberto de cara ao encontro de volta no que os dous equipos xogaranse a un encontro o seguir con vida na fase de ascenso.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu