Cidade levouse o derbi ante Viveiro. Diferente sorte para Ribadeo e Estudiantes

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal

VIVEIRO 50 – CIDADE 80

LOS ROSALES 40 – CB RIBADEO 78

BASKET FERROL 106 – ESTUDIANTES 39

 

Antepenúltima xornada da Segunda División júnior masculina, na que competiron os catro representantes lucenses con dúas vitorias e dúas derrotas, tendo en conta que en Viveiro disputouse o derbi da xornada.
Cidade de Lugo foi superior nun encontro que tan só foi igualado no primeiro parcial, 17-18. A partir de aí os de Adrián González exhibiron o seu bo momento de forma ante un Viveiro que se diluíu co paso dos minutos, 12-22 no segundo cuarto para chegar ao descanso con 29-40.
Na segunda parte Cidade tivo o control, xogou con criterio e foi ampliando a diferenza co paso dos minutos ata o definitivo 50-80.
O Ría de Ribadeo impúxose na pista do colista nun partido de moito mérito dos de Rubal, xa que acudiron á cita con tan só cinco xogadores en idade júnior. Pese a iso, disputaron unha gran primeira parte na que marcaron distancias no electrónico tras uns primeiros minutos de tenteo, 7-11. A partir de aí Ribadeo aumentou a presión defensiva e cun baloncesto áxil e vistoso levou o marcador ata o 21-49 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte o xogo foi máis trabado, con moitas faltas e moitas perdas que evitaron que o ritmo de xogo fose tan alto como nos primeiros vinte minutos. Pese a iso, Ribadeo impúxose nos dous parciais, 7-16 e 12-13.
Menos fortuna tivo Estudiantes en Ferrol, onde visitou a pista do líder invicto da competición. O 24-6 inicial puxo terra polo medio moi pronto e os celestes xa non foron quen de poder meterse na loita por un partido no que Ferrol exhibiu a súa condición.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu