Cidade impúxose no sprint final ao Viveiro no derbi. A Estudiantes tócalle facer borrón e conta nova

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal

 

CIDADE 63 – VIVEIRO 43

ESTUDIANTES 17 – BASKET FERROL 91

O derbi da xornada na Segunda División júnior masculina mediu a Cidade de Lugo e Viveiro no Anexo, nun partido disputado ao longo dos tres primeiros cuartos, mentres que no último, a partir do ecuador, os capitalinos desnivelaron a balanza ao seu favor cun 23-10 de parcial final.
Ata entón Cidade tomara o mando do marcador cunha intensa defensa nos primeiros dez minutos nos que Viveiro non se atopou nada cómodo sobre a pista, 15-4.
Xa no segundo cuarto, Cidade foise diluíndo á vez que o Carferlo Viveiro íase entonando. A defensa mariñá impúxose ao ataque local e ofensivamente os de Carlos Novo atacaron coas ideas claras e tiveron boas porcentaxes. Toso isto viuse reflectido no marcador cun segundo parcial de 12-20 que deixaba o resultado nun axustado 27-24 ao descanso.
Na segunda parte Cidade intentou imprimirlle máis ritmo ao xogo, pero non o conseguiu nun parcial marcado pola superioridade defensiva de ambos equipos, 12-9.
Con todo por decidir chegouse aos últimos dez minutos, nos que a defensa de Cidade brillou con luz propia, propiciou perdas de balón e xerou rápidas transicións coas que os de Adrián González impuxéronse no derbi cun último parcial de 23-10.

Estudiantes pola súa banda encaixou unha dolorosa derrota nun partido no que, malia a ausencia de Garabito, competiu na primeira parte, pero na segunda foi borrado da pista cun parcial total de 1-54.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu