Cidade estréase cun triunfo ante Cambre

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

CRISTIAN MARTÍN – Cidade

“Con esta intensidad defensiva somos capaces de ganar a cualquiera”

CIDADE 55 – CAMBRE 31

Cidade de Lugo estreouse cunha vitoria na Fase de Ascenso á Liga Galega. Un triunfo con autoridade ante Baloncesto Cambre, ao que dobregaron cunha gran intensidade defensiva e moito traballo na zona de rebote.
Os lucenses empezaron a lograr vantaxes significativas xa no primeiro cuarto, e intensificaron o seu dominio no segundo cunha presión a toda pista que lles permitiu roubar balóns e finalizar debaixo do aro. Así, ao descanso, o equipo de Cristian Martín impoñíase xa con claridade no marcador, 30-19.
Na segunda metade Baloncesto Cambre pechou a defensa e dificultou as entradas á canastra para os lucenses que, sen embargo, souberon atopar alternativas, tirando desde a liña exterior e facendo bos movementos sen balón para seguir anotando.
Durante o terceiro período Cidade de Lugo chegou a superar os 25 puntos de renda, asegurando un último cuarto plácido no que repartir minutos e facer probas de cara á complicada cita desta fin de semana contra Artai.
A vitoria ante Baloncesto Cambre supón un reforzo de cara ao encontro fronte ao poderoso equipo coruñés, que tamén gañou con solvencia o seu primero partido da Fase de Ascenso ante Peleteiro B, e que chega a esta altura da temporada sen perder ningún encontro.
Será a segunda cita dunha liguiña de seis partidos nas que está en xogo a primeira praza, coa clasificación para a final galega de categoría e o Ascenso á Liga Galega como meta última.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu