Cidade e San Ciprián seguen coas espadas en alto a dúas xornadas para o final

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

 

ESTUDIANTES 05 – CIDADE 57

SAN CIPRIÁN 66 – AXSC 43

PORTA XI 38 – AG ELEVADORES 59

CB CELTAS 63 – VIVEIRO 28

SANEAMIENTOS 25 – ESTUDIANTES 04 75

 

Cidade de Lugo e San Ciprián fixeron os deberes unha xornada máis. Os mariñaos manteñen o pulso polo título tras vencer a Sagrado Corazón nun partido espeso por parte dos dous equipos, con erros tanto ofensivos como defensivos. No terceiro cuarto, os visitantes apertaron e levaron a renda ata os 27 puntos, asegurando un final de partido sen sobresaltos.
Na zona media da táboa, vitorias de AG Elevadores, Estudiantes 04 e CB Celtas.
Os sarriaos impuxéronse a Porta XI nun partido con moito protagonismo das defensas, no que abriron distancia no segundo cuarto con acerto nos tiros de tres. Á volta do descanso, os capitalinos volveron meterse no encontro cunha defensa a toda pista e múltiples recuperacións para correr e anotar. No entanto, o partido rematou facéndoselles longo, xa que os visitantes retomaron o mando e anotáronse o último cuarto.
Estudiantes 04 venceu a Saneamientos Sarria, que saiu moi nervioso á cancha e que tardou en soltarse para entrar no partido, deixando camiño libre aos estudiantís, moi centrados en defensa, 4-18 e 4-20 nos dous primeiros parciais. Malia a diferenza, os capitalinos non perderon a concentración e, na segunda metade, seguiron ampliando a diferenza.
Pola súa parte, o CB Celtas impúxose ao Viveiro. Os de Foz xogaron fácil cerca do aro grazas á súa superioridade física, e marcaron distancias desde o inicio do partido ante un rival que contaba con tres alevins para as rotacións.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu