Cidade e Ribadeo fixéronse coa vitoria nesta xornada na que perderon Estudiantes e Viveiro

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

 

CIDADE 64 – FERROL 41

Cidade debutó en 2018 con moi boas sensacións tras asinar un partido moi completo ante Ferrol, especialmente en defensa, xa que propinaron moitos roubos e puideron atacar mellor.
En estático Cidade tamén rompeu a defensa visitante ao longo dos corenta minutos nos que os lucenses conseguiron manter a intensidade de principio a fin para terminar impoñéndose con autoridade, 64-41.

 

CB VIVEIRO 30 – GABADI 78

O mellor equipo da competición, o Gabadi Básket Ferrol, pasou coma un ciclón por Viveiro para asinar a súa novena vitoria noutros tantos encontros. Dende os primeiros minutos a agresividade defensiva dos ferroláns e os cambios de bloqueos cos que subiron as líñas de pase fixéronse notar no marcador, que se foi ampliando co paso dos minutos ao dominar ambas pinturas con autoridade.

 

RIBADEO 81 – STA MARÍA DEL MAR 40

Tralo parón de Nadal Ribadeo recuperou a súa mellor versión colectiva e individual, cun Marco que se volveu a enfundar o traxe de MVP ao asinar 38 puntos con seis triplos incluídos. Á marxe do protagonismo que acaparou Marco, Ribadeo volveu ser o equipo de principio de curso, solidario en defensa e repartindo roles e minutos ao longo do encontro para asinar unha vitoria final por 41 puntos coa que recuperar o voo.

 

ESTUDIANTES 41 – NARÓN 51

Estudiantes morreu na beira tras ceder no último cuarto ante Narón cun último parcial de 4-13. Ata entón a igualdade marcara o encontro pese a que o ataque celeste nunca tivo regularidade, especialmente no lanzamento de tres puntos, ao quedarse sen anotar pese a xerar tiros liberados.
O primeiro cuarto, 15-16, o segundo 9-9 e o terceiro 12-13 deixaba todo por decidir no último, no que Narón tomou unha pequena vantaxe que sacou do encontro a Estudiantes.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu