Cidade e Estudiantes leváronse os derbis da xornada ante Ribadeo e Viveiro

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal

CIDADE 79 – RIBADEO 58

CB VIVEIRO 49 – ESTUDIANTES 50

 

Cidade de Lugo aproveitou a súa maior rotación para desnivelar un derbi que Ribadeo empezou espectacular. Cunha intensa e efectiva defensa pero sobre todo cun ataque brillante no que os exteriores Marco, Alberto e Migui foron imparables, anotando un total de 7 triplos e dándolle as primeiras vantaxes no marcador aos mariñaos, 11-20 e 21-20 para chegar ao descanso con 32-40.
Na segunda parte, Cidade empezou a crecer desde a defensa, dominou o rebote e exprimiu a un Ribadeo que chegou moi xusto de forzas ao tramo final, encaixando dous parciais de 28-12 e 19-6 cos que Cidade se levou un derbi cun tempo para cada equipo.
En Viveiro xogouse o outro derbi da xornada na Segunda División júnior masculina. Un partido disputado de poder a poder que decidiu o capitalino Andrés cunha canastra a falta de tan só tres segundos para o final do encontro.
Ata entón Estudiantes tivera unha mellor posta en escena, 9-14 no primeiro parcial, pero no segundo os mariñaos deron un paso á fronte, cun bo baloncesto en ataque e dominando o rebote déronlle a volta ao marcador, 23-20 ao descanso. Na segunda parte, a falta de tres minutos, o Viveiro gañaba de 6 puntos, pero unha serie de erros propiciaron que Estudiantes chegase á recta final con opcións, e unha canastra de Andrés a tres segundos do final culminou a remontada dos capitalinos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu