Cidade e Estudiantes leváronse os axustados derbis capitalinos

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Principal

CIDADE 44 – FRANCISCANOS 43

GALÉN 39 – ESTUDIANTES 43

CB VIVEIRO 48 – CB SARRIA 28

Como na liga masculina, Cidade tamén tivo a sorte necesaria para resolver ao seu favor un partido moi igualado nos instantes finais, neste caso ante Franciscanos, O equipo de Ángel González chegou ao último cuarto cunha vantaxe de cinco puntos, pero o mellor último período das colexiais permitiulles ter na súa man un tiro para gañar. que, non entrou na canastra.
Estudiantes, que non gañaba desde a primeira xornada, sacou a súa mellor versión ante Galén Ensino e fíxose cunha vitoria nun derbi moi igualado e físico, no que tamén xogaron as emocións. As estudiantís impuxéronse no último cuarto no que marcaron o ritmo do partido e dominaron o rebote facendo un parcial de 9-19.
O resultado do derbi capitalino favoreceu ao Viveiro que, tras gañar ante o Sarria con dificultades no segundo cuarto, lidera a Liga en solitario.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu