Cidade, campión provincial tras superar a última proba

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal grande

SAN CIPRIÁN 55 – CIDADE DE LUGO 52

SANEAMIENTOS 52 – CB VIVEIRO 47

AG ELEVADORES 44 – SAGRADO 46

PORTA XI 42 – ESTUDIANTES 04 78

ESTUDIANTES 05 14 – CB CELTAS 64

 

Cidade de Lugo proclamouse campión de Liga tras o duelo polo título co San Ciprián. Os mariñaos gañaron o encontro por tres puntos, pero a vitoria foi insuficiente para revertir o basket average logrado na ida polos capitalinos. O choque na Veiga estivo á altura do botín en xogo para os dous equipos.
Os locais comezaron mandando no marcador e chegaron ao descanso con seis puntos de renda, 30-24, despois de ter levado a vantaxe ata os 10 puntos.
Sen embargo, na segunda metade Cidade foi quen de frear o avance dos mariñáns, que chegaron aos minutos finais moi cargados de faltas e xustos de forzas. Aínda así, un triple, que finalmente non entrou, puido cambiar o desenlace da Liga.
0 53-50 final fixo campión ao Cidade de Lugo, que ten por diante a disputa da Fase de Ascenso á Liga Galega.
Na zona media da táboa, AG Elevadores e Sagrado Corazón protagonizaron outro encontro con final axustado, 44-46. Os capitalinos chegaron a gañar de 10 puntos no inicio do último cuarto, pero o equipo local conseguiu diluír a vantaxe aproveitando perdas de balón e faltas dos visitantes ata deixala en dous puntos. Os sarriaos conseguiron así manter o average e quedar coa cuarta praza.
O Novo Chanto puido celebrar ademais a última vitoria de Saneamientos CB Sarria, ante Viveiro. Os de Adrián López despedíronse da temporada cun partido moi completo no que fixeron fronte á superioridade física do Viveiro, que tardou en entrar no partido.
A xornada completouse coas vitorias de Estudiantes 04, que con acerto no tiro exterior e dominio do rebote foi poñendo distancia no marcador ante un bo Porta XI, e CB Celtas, que comezou cun ritmo moi alto e sentenciou axiña o partido ante Estudiantes 05.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu