O Celtas Martínez Otero Burela extendeu o seu dominio Provincial a Galicia

En Minibasket, Minis, Preminibasket

Os da mariña proclamáronse campións galegos de segunda división minibasket O CB Sarria e o Estudiantes Lugo quedaron ás portas de semifinais nas súas respectivas categorías

O CB Celtas Martínez Otero Burela proclamouse campión galego de Segunda División Minibásket na Fase Final que se celebrou este domingo na Estrada. En cuartos, o equipo de Alberto Méndez superou ao Compañía María de Santiago (61-70), un rival duro de bater no partido con máis nervios por ser o primeiro.
Os mariñaos clasificáronse así para unha semifinal que resultou máis cómoda do previsto ante Porriño PBB (72-22), co que conseguiron pechar a acta. O resultado non lles fixo baixar a garda e, na final polo título, fixeron o partido máis completo da temporada para impoñerse ao Tirso (69-88), campión da delegación de Ferrol,
O Celtas, no que este ano Foz e Burela sumaron forzas, pecha así unha temporada para enmarcar na que non perderon ningún dos encontros disputados.
Na categoría feminina, o CB Sarria quedou ás portas da semifinal tras medirse en cuartos co CAB Pontevedra, que acabaría alzándose co campionato. As sarriás chegaban á Estrada con moitas baixas e non tiveron o mellor día. Con todo, tras ir a remolque todo o partido, a reacción final levounas á vitoria (33-29).
Primeira División
Estudiantes, que se clasificou para a Fase Final como subcampión do grupo Norte, tamén estivo cerca de dar un paso máis nas eliminatorias para pechar unha temporada na que só perderan dous encontros. Contra Carmelitas, as de Fernán Varela quedaron a dous puntos de darlle a volta a un partido que chegaron a perder de 17.

Copa Primavera
A nivel provincial, esta fin de semana concluíu a Copa Primavera de Preminibasket. Cidade de Lugo proclamouse campión masculino no cruce con Estudiantes Azul. Os celestes levaron a iniciativa no marcador ata o último sexto, no que se impuxeron os de Anxo Nadela por un axustado 87-90. Franciscanos proclamarase campión feminino a pasada semana.

3 commentsOn O Celtas Martínez Otero Burela extendeu o seu dominio Provincial a Galicia

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu