Celtas de Foz segue mandando en Segunda

Os de Manolo Cobas acceden á Segunda Fase como campións. O Viveiro, que caeu no encontro de volta, tamén estará na loita polo ascenso á Liga Galega infantil

O Provincial infantil masculino ten novo dono e ese é o Celtas de Foz que dirixe Manolo Cobas. Un conxunto que remata a primeira fase con pleno de vitorias tras impoñerse tamén no encontro de volta ao Viveiro, nesta ocasión con máis suficiencia, 53-27, que no primeiro encontro, 53-54.
Ben é certo que no primeiro partido Celtas tivo varias baixas de xogadores importantes. Co plantel ao completo, demostraron que son os xustos campións Provinciais.
A partir de agora tanto Celtas de Foz coma Viveiro vólvense a citar na segunda fase, a que acceden tras ser os dous primerios deste grupo formado por conxuntos lucenses.
Os dous equipos mariñaos veránse ahora nunha segunda fase cos dous primerios clasificados do grupo ferrolán, As Pontes e Baxi Ferrol, nunha liga a dobre volta na que os dous primeiros acudirán á fase de ascenso.
Un camiño longo cara ao salto de categoría pero con duelos máis parellos dos que disputaron ata o momento tanto Viveiro coma Celtas de Foz.

Salir de la versión móvil