Celtas Foz, San Ciprián e CB Sarriana forman o primeiro podio da Liga

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

 

SAGRADO 42 – ESTUDIANTES 64

Malia chegar ao partido con baixas e dous alevíns na convocatoria, Sagrado Corazón sorprendeu aos estudiantís cunha gran posta en escena, 10-2 nos primeiros minutos que foi decaendo ata o descanso, 29-29.. O marcador disparouse na segunda metade, en que Estudiantes subiu o ritmo ante un equipo local cargado de faltas e mermado fisicamente pola falta de rotacións.

 


 

ESTUDIANTES 9 – CB SARRIA 59

CB Sarria comezou a Liga cunha vitoria que reforza o seu optimismo tras unha temporada pasada complicada, como infantis de primeiro ano. Desta volta, ante un equipo máis novo, a superioridade física xogou ao seu favor e trasladouse ao marcador dende o minuto un do encontro. Os locais sobresaíron no rebote e na circulación de balón que lles permitiu xenerar situacións de tiros liberados.

 


 

SAN CIPRIÁN 77 – CB VIVEIRO 34

A defensa presionante e o gran ritmo anotador foron as claves da vitoria do San Ciprián no derbi mariñao, un choque entre dous clubs que parten coa temporada pasada, na pelexaron polo título provincial, como referencia. Neste primeiro partido, e especialmente no segundo cuarto cando despregaron o seu mellor xogo e romperon o encontro cun parcial de 37-7, os locais demostraron que chegan en mellor forma a este inicio de Liga.

 


 

PORTA ENSINO 28 – CIDADE 69

Cidade demostrou dende o inicio a súa superioridade, sobre todo física, cunha presión intensa en campo rival que lle permitiu roubar varios balóns e irse de 17 puntos ao final do primeiro período. O dominio do rebote nos dous campos foi ampliando a diferenza ata o final do encontro.

 


 

CB SARRIA B 28 – CELTAS FOZ 79

A diferenza física foi determinante nun encontro no que Celtas Foz foi impoñéndose no marcador con transicións rápidas, moi dificiles de controlar para o infantil de primeiro ano do CB Sarria. Con todo, os de Adrián López ofreceron notables mostras de talento nalgunhas accións do último cuarto no Novo Chanto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu