Celtas, campión tras impoñerse no duelo directo ante Cidade

En Minibasket, Minis, Principal

O equipo de Alberto Méndez alzouse co título provincial a dúas xornadas do final da competición en minibasket masculino. CB Burela e CB Sarria disputarán o título feminino

 

O CB Celtas Martínez Otero-Burela proclamouse campión provincial de minibasket masculino tras impoñerse a Cidade de Lugo, o único equipo que conservaba opcións matemáticas de disputarlles o título aos mariñaos, cunha posición hexemónica no grupo desde o inicio da competición.
Como sucedera na primeira volta, o equipo de Alberto Méndez apenas deu opcións aos capitalinos, selando a vitoria cun marcador de 22-72. Na ida, tamén se pechara a acta antes de rematar o encontro (79-29).

Invictos
Os mariñaos alzáronse co título a dúas xornadas para o final da competición que afrontan co obxectivo de manter a imbatibilidade.
Para completar o reto só lles queda un encontro por disputar, con María Auxiliadora, posto que adiantaron o partido correspondente á penúltima xornada da competición ante Cristo Galicia CB Sarria.
A fin de semana na categoría completouse con triunfos de Galén Ensino, Estudiantes Azul e Carferlo CB Viveiro. Os mariñaos impuxéronse a María Auxiliadora por so dous puntos de diferenza, 38-40.

Minibasket feminino
Na categoría feminina, o Alas de Mariposa CB Burela e o María T. Martínez Dental CB Sarria disputarán a final polo título. Burelás e sarriás confirmaron o pase tras impoñerse nos partidos de volta das semifinais.
As mariñás volveron vencer a Cidade de Lugo, 66-46, o pasado mércores, mentres o CB Sarria repetiu triunfo ante Franciscanos, 60-31. o domingo. A final, con datas aínda por confirmar, xogarase tamén a dous partidos.
Os precedentes da liga favorecen ás de Burela, que foron primeiras na competición regular cun pleno de vitorias, incluídas as dos partidos disputados contra as sarriás, por cinco puntos na ida, no Chanto, 47-52, e por dez na volta en Vista Alegre, 49-39.

Terceiro e quinto posto
Cidade e Franciscanos xogarán pois a final polo terceiro posto mentres que CB Viveiro e Estudiantes Celeste disputarán o quinto posto.

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu