O Celta de Vigo exhibiu o seu plantel ante Ensino

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

AIGOR ROMO – Ensino

“Un partido del que salimos reforzadas para futuros partidos”

ENSINO 43 – CELTA 71

O Celta de Vigo mostrou o seu potencial ao seu paso polo Anexo, onde as numerosas rotacións de calidade coas que contan desnivelaron o marcador e deixáronas a un paso de alzarse co título da Liga Galega cadete feminina, mentres que o Ensino competiu coas súas armas pero as de Aigor Romo estiveron mermadas polas ausencias.
O Celta empezou moi forte pero co paso dos minutos no primeiro cuarto Ensino conseguiu frear o potencial ofensivo celeste, pechando o primeiro parcial con 15-20.
No segundo, de novo o Celta estivo moi intenso e acertado no tramo inicial, co que despegou no marcador, 10-23 para chegar ao descanso con 25-43 no electrónico.
Xa na segunda parte o esforzo defensivo do Ensino foi titánico, e con iso deixaron ao virtual campión galego en tan só 8 puntos ao longo do terceiro parcial.
Nos últimos dez minutos de novo a profundidade de banquiño visitante foi determinante, 9-20, pero á marxe do que indica o resultado final, o Ensino competiu moi ben e encara a recta final desta fase coa intención de poder contar con todo o persoal e poder meterse nos play off.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu