Celta levouse o duelo de campións ante Estudiantes preinfantil

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Muy contento porque lo intentamos hasta el final”

RC CELTA 75 – ESTUDIANTES 60

RC Celta e Estudiantes Lugo protagonizaron o partido estrela da xornada na categoría, xa que mediu ás campioas do Sur e do Norte.
As estudiantís vían favorito ao todopoderoso Celta, e iso pasoulles factura nos primeiros minutos do partido nunha saída a cancha con moito nerviosismo na que fallaron canastras fáciles. Así, o primeiro cuarto rematou cun parcial favorable para as locais, 21-12. No segundo as forzas equilibraronse, 17-12 ao final do período. As viguesas marchaban ao descanso con 14 puntos de vantaxe, unha diferenza significativa que Estudiantes afrontou competindo, sen mirar demasiado para o marcador no terceiro cuarto. O resultado foron uns minutos espectaculares nos que conseguiron igualar o marcador antes do final do terceiro cuarto. Un triple ao taboleiro sobre a bucina mantivo ao Celta por diante. O esforzo pasoulles factura no último cuarto, no que as locais sentenciaron co seu xogo interior.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu