Celta exhibiu potencial no Anexo

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

O Ensino, guiado por Marina, cedeu coa cabeza alta ante un rival superior 

O Durán Maquinaria Ensino recibiu a visita do dentista na Liga Galega júnior feminina. Unha cita que todos os equipos sofren dúas veces ao longo da Liga regular, xa que medirse ao Celta de Vigo é pasar un mal grolo para todos os equipos desta competición.
O Celta presentouse no Anexo cos seus credenciais, presión alta, moito ritmo de xogo e un gran acerto ante o aro rival. As celestes anotaron ata dez triplos ao longo do encontro con Mara Neira con 34 puntos como a súa principal arma ofensiva.
O Durán Maquinaria Ensino tamén tivo a súa, con Mariña Canzobre. A xogadora do Ensino foi imparable por momentos para o mellor equipo galego e foise ata os 23 puntos ao final do encontro.
Un partido que comezou ao grande, cun primeiro parcial a favor do Ensino de 5-0. Con todo, a reacción visitante non se fixo esperar e con dous triplos e unha canastra de dous nos seus tres seguintes ataques xa tomaron o mando do encontro.
O primeiro parcial terminou con 15-22, pero sería no segundo e o terceiro nos que o Celta exhibiu todo o seu potencial. Tanto defensivo, deixando a Ensino en 6 puntos no segundo e terceiro cuarto, como en ataque ao asinar 19 e 20 puntos respectivamente..
Lonxe de baixar os brazos no Anexo, o Ensino fixo un moi bo último cuarto no que anotaron tres triplos, roubaron balóns e puideron atacar en superioridade para anotarse o último parcial, 23-17, ante o mellor equipo galego de baloncesto júnior feminino.
Na próxima xornada o Ensino viaxará a Pontevedra para medirse co Arxil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu