CB Sarria, único equipo lucense que logrou a vitoria na segunda división júnior feminina

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

 

PRAIA FRAGATA 68 – PORTA XI 40

 

PONTEDEUME 40 – CB SARRIA 53

 

CB VIVEIRO 40 – STAR CENTER 64

 

O María Teresa Martínez Dental Sarria foi o único equipo lucense que conseguiu a vitoria nesta xornada na Segunda División júnior feminina tras impoñerse en Pontedeume nun dos partidos máis serios e completos no que vai de tempada.
Tras un intercambio inicial de canastras, Sarria foise asentando na pista e tomou o mando no marcador ao final do primeiro cuarto, 14-16.
No segundo Pontumio subiu o nivel de intensidade atrás e secou por momentos a un Sarria que perdeu moitos balóns. Todo iso traduciuse nun parcial de 9-6 co que as locais chegaron con vantaxe ao descanso, 23-22.
Logo de recuperar forzas no intermedio, Sarria saltou á pista coas ideas moito máis claras na segunda parte, na que desnivelou o marcador ao seu favor con 9-17 e 8-14 nos últimos dous parciais.

O Porta XI Ensino diluíuse co paso dos minutos ante Praia Fragata, xa que tras un bo inicio de partido, sobre todo en ataque malia ás malas porcentaxes no tiro libre, a defensa co paso dos minutos fixo augas ata encaixar 36 puntos na primeira parte. A zona local secou ás lucenses na segunda parte na que o Porta XI non tivo opcións de remontar.

O Carferlo Viveiro viu como as súas opcións de vitoria se esfumaban no segundo cuarto ao encaixar un parcial de 8-23. Ata entón as mariñás estiveron ben, igual que tralo descanso, pero de novo a irregularidade foi un lastre ao encaixar no último cuarto un 3-13 de parcial.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu