O CB Sarria, único equipo lucense que conseguíu a vitoria nesta xornada

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

STAR CENTER 60 – CB VIVEIRO 22

ENSINO 65 – BBCA 68

CB SARRIA 72 – PONTUMIO 50

Teresa Martínez Dental CB Sarria logrou ante Pontumio a única vitoria lucense nunha xornada na que Ensino e Viveiro tiñan dous esixentes duelos contra o primeiro e o segundo clasificado da Liga, BBCA Praia da Fragata e Star Center.
O Ensino chegou ao último cuarto por diante no marcador, pero os 24 puntos encaixados nos últimos dez minutos acabaron coas súas opcións de vitoria ante o líder.
As ensinistas empezaron o encontro con moita intensidade defensiva, traballando para roubar cada pase e pechando o rebote, e conseguiron anotar canastras cómodas en tiros liberados para un primeiro parcial de 15-12. No segundo período as lucenses seguiron cun ritmo de anotación alto, pero non puideron contrarrestar en defensa ás ferrolás para aumentar a renda, 20-19.
Na segunda metade o encontro mudou. As visitantes aumentaron a súa intensidade defensiva, e Ensino comezou a perder forza en ataque, Con todo, o parcial de 10-13 ao final do terceiro cuarto permitíalles chegar ao último período co marcador igualado e todas as opcións de vencer a un equipo que na ida fora superior, 68-40. No entanto, neses últimos minutos, as ensinistas non puideron culminar o triunfo. BBCA comezou a marcharse no marcador e pese a que Ensino se reenganchou momentáneamente ao partido, con dous triplos consecutivos, as visitantes acabaron levando a vitoria do Anexo.
Ao Viveiro tocoulle medirse a Star Center, segundo clasificado. Malia a superioridade do rival, as de Vicente Piñón competiron a un bo nivel durante toda a primeira parte. A diferenza entre os dous equipos plasmouse no terceiro período, no que as ferrolás romperon definitivamente o partido cun parcial de 11-0.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu