O CB Sarria proclamouse campión provincial de premini masculino

En Minibasket, Minis, Principal

 

Os de Adrián López impuxéronse a Estudiantes Azul nun duelo directo polo título lucense. Na categoría feminina, María Auxiliadora e Adrián Salgado CB Sarria manteñen o pulso ata o final 

O Oribio Construcciones CB Sarria proclamouse este sábado campión provincial de Preminibasket masculino tras impoñerse no duelo directo polo liderado a Estudiantes Azul.
No inicio, os sarriaos marcaron o ritmo do partido con transicións rápidas que lles permitiron anotar canastras fáciles e levar a iniativa no marcador nos dous primeiros periodos. Sen embargo, os celestes non se renderon e, cun gran acerto no tiro exterior, conseguiron recortar distancia. Os problemas medraron para o Sarria coa acumulación de faltas entre os seus xogadores. Aínda así, a boa xestión do treito final do partido, cun bo traballo en rebote, permitíronlles facerse co triunfo que os sitúa no maís alto do basket provincial.
A primeira praza asegúralles tamén un billete para a Liga Galega de Preminibasket. O outro boleto será para o equipo que acabe na segunda praza, pola que xogarán, a vindeira xornada, Estudiantes Azul e Vermello nun duelo directo.
Ademais da vitoria do CB Sarria, a fin de semana rematou con triunfos de Estudiantes Rojo e Burela Camiña Eu Son.

Premini feminino
Esta fin de semana tamén se disputou a penúltima xornada da liga feminina que deixa o desenlace para a volta tras o parón de Semana Santa. O título é cousa de dous, Maria Auxiliadora e Adrián Salgado CB Sarria, empatados a 14 vitorias na primeira e segunda praza tras o triunfos desta fin de semana.As colexiais teñen o average a favor, polo que unha vitoria en Fingoi converteraas nas campioas femininas.
A xornada completouse con triunfos de Galén Ensino e Fingoi.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu