O CB Sarria alzouse co título provincial malia perder en Burela

En Minibasket, Minis, Preminibasket

As de Maísa López fixeron valer a renda da ida  para lograr o campionato ante un Alas Mariposa CB Burela que chegara á final sen perder ningún partido esta temporada

O María T. Martínez Dental CB Sarria alzouse este sábado co título provincial de minibasket feminino ao vencer ao Alas de Mariposa CB Burela.
As sarriás encaraban o partido de volta en Burela con 23 puntos de renda tras un gran encontro no Chanto, 58-35. Unha ventaxa que acabaría sendo decisiva, xa que en Vista Alegre impúxose o equipo de Madar 56-47.
As burelás sabían da dificultade do reto, pero saíron a polo partido e anotáronse o primeiro cuarto. O empuxe inicial das locais foise diluindo e o CB Sarria retomou a iniciativa no marcador e chegou ao descanso con seis puntos de renda.
Na segunda metade as mariñás, que quedaran primeiras na liga sen perder ningun encontro, apuraron as súas opcións de engancharse á loita pola eliminatoria. As de Madar saíron á cancha con moita firmeza e conseguiron levarse o partido, pero a ampla vitoria das sarriás na ida decantou a final.
O equipo de Maisa López faise co título provincial mentres as burelás selan co subcampionato unha meritoria temporada.
Cidade completa o podio da liga tras facer valer o resultado da ida para levarse a eliminatoria polo terceiro posto contra Franciscanos.

Campionato Galego
O María T. Martínez Dental CB Sarria ten agora por diante a disputa da Fase Final do Campionato Galego, que se disputará a vindeira fin de semana na Estrada. O CB Celtas Martínez Otero-Burela, campión provincial masculino, tamén disputará o título galego da Segunda División na localidade pontevedresa.

Liga Galega Premini
Esta fin de semana tamén rematou a primeira fase da Liga Galega Premini, tanto masculina como feminina, coa disputa das dúas últimas xornadas.
O Oribio Construcciones CB Sarria, que partía con opcións matemáticas de clasificarse para a segunda fase, non puido sumar ningunha vitoria nos partidos disputados en Ferrol, polo que quedan terceiros de grupo. A cuarta posición é para Estudiantes Rojo.
Na liga feminina, que se disputou nas Pontes, María Auxiliadora sumou unha vitoria contra Adrián Salgado CB Sarria, que non chegou para clasificarse. As colexiais quedaron terceiras e as sarriás cuartas.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu