CB Ribadeo lidera a taboa a falta de dúas xornadas, cun partido máis que Estu 02

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

CB CELTAS 53 – AXSC 46

CB BURELA 52 – HIERROS FERREIRO 79

ESTUDIANTES 03 50 – CIDADE 67

ORAL DESIGN 34 – CB RIBADEO 85

 

O CB Ribadeo logrou ante o Oral Design unha vitoria coa que segue dando pasos cara a unha última xornada a cara ou cruz contra Estudiantes 02. Os mariñaos deixaron claras as súas intencións no primeiro cuarto, cun parcial de 4-24, e non amosaron fisuras ante un rival que pagou cun marcador avultado o seu desacerto anotador.
CB Burela e Hierros protagonizaron un entretido duelo na zona media da táboa. Malia presentarse en Vista Alegre con baixas, tras un primeiro cuarto igualado, os de Rubén Engroba tomaron o mando do partido e do marcador, cedendo só o último periodo por dous puntos.
En Marzán, nun partido con so tres cadetes por cada equipo, os locais impuxéronse ao Sagrado Corazón que, malia amosar unha versión mellorada, fixo demasiadas concesións en momentos clave. Tras un primeiro cuarto de ritmo lento e igualado, 6-7, nos primeiros minutos do segundo, o Celtas fixo un parcial de 10-0 que comezou a desequilibrar a balanza. No terceiro cuarto, os de Foz despegaronse definivamente no marcador. O Sagrado Corazón fixo o seu mellor xogo no último cuarto, xa sen a presión do marcador.
No outro partido disputado durante a fin de semana, Cidade de Lugo logrou a ansiada vitoria de homenaxe a Cristina Seijo ante Estudiantes 03. Tras uns primeiros minutos de tanteo, os visitantes puxeron o mono de traballo en defensa, recuperando rapidamente balóns que lles permitían correr e anotar con facilidade. Así, ao final do primeiro cuarto, o marcador amosaba un contundente 9-25. Unha renda de 16 puntos que lles chegou para chegar ao final do partido sen sobresaltos malia os intentos de reacción de Estudiantes 03.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu