O CB Ribadeo estará na fase de ascenso cadete feminina tras proclamarse campión provincial

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

ENSINO 02 82 – SAN CIPRIÁN 41

CB SARRIA 45 – TERRAS DA MARIÑA 19

CB RIBADEO 67 – ESTUDIANTES 30

ENSINO 03 55 – CB CELTAS 46

 

O CB Ribadeo celebrou o título provincial cunha última vitoria ante Estudiantes Lugo. A superioridade física debaixo dos taboleiros e o dominio do ritmo do partido de Aldara e Andrea, sinais de identidade do equipo durante toda a temporada, volveron ser claves neste último triunfo dunha xeración que xa conquistara o título a pasada temporada na categoría infantil.
Ensino 02, que mantivo ata a penúltima xornada a súa candidatura ao título, tamén pechou a Liga cunha vitoria ante un San Ciprián ao que se lle fixo longa a Liga, cun último mes irregular despois de mirar de cerca á primeira praza durante o resto da temporada.
A competición rematou con bo sabor de boca para Floristería Madeira CB Sarria e Ensino 03, que sumaron unha vitoria máis ao seu casilleiro..

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu