CB Ribadeo e Estudiantes 02 cadete manteñen a súa inbatibilidade

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal grande

CB RIBADEO 61 – HIERROS 46

ORAL DESIGN 48 – CB CELTAS 37

CB BURELA 44 – ESTUDIANTES 02 76

MGR SARRIA 41 – CIDADE DE LUGO 89

ESTUDIANTES 03 – AXSC 28

 

O Ribadeo comezou ben o esixente mes de xaneiro, en que lle toca medirse aos outros tres candidatos ao título. Os de Rubal superaron a primeira proba ante Hierros, que volveu frouxo do parón de Nadal. Os ribadenses impuxeron o seu ritmo desde o inicio, con Mario González mandando no xogo interior, e Iker no tiro exterior, chegando ao descanso con catorce puntos de renda, 31-17. Na segunda metade, o xogo igualouse pero Hierros non puido reducir a diferenza máis aló dos 12 puntos.
Estudiantes celebrou unha dobre vitoria na volta á competición tras o parón de Nadal. O equipo 02 encarrilou a vitoria en Burela na primeira parte, cun gran nivel defensivo e un ritmo frenético en ataque, e seguiu seguiu ampliando a diferenza tralo descanso. Estudiantes 03 logrou ante Sagrado o seu terceiro triunfo, anotando con facilidade en transicions rápidas tras recuperar balóns.
Cidade tamén retomou a competición cunha vitoria ante MGR Sarria, que se exprimiu no primeiro e terceiro cuarto pero que non puido evitar que a diferenza física, con moitas canastras de Cidade en segundas opcións, lles pasara factura. Oral Design si puido facerse coa vitoria no Novo Chanto, grazas a un gran primeiro cuarto, en que levaron a diferenza aos 13 puntos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu