CB Burela sae reforzado da Coruña grazas ao traballo grupal

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

LUIS FERNÁNDEZ – CB Burela

“Supimos mantener la concentración y la calma durante la mayor parte del encuentro”

CALASANCIAS 61 – BURELA 78

Burela saíu reforzado da Coruña tras impoñerse a Calasancias nun partido máis disputado do que indica o marcador final, aínda que os de Luís Fernández tiveron baixo control o encontro.
Con este triunfo métense no segundo vagón da clasificación con dúas vitorias máis o average sobre os últimos clasificados.
Desde os primeiros minutos Burela tomou o mando no marcador, 11-22 no primeiro cuarto. A presión en media pista dos mariñaos propiciou moitos roubos de balón e un goteo constante de puntos cos que levaron o marcador ata o 28-42 co que se chegou ao descanso.
Calasancias esgotou as súas opcións tralo paso polos vestiarios cunha posta en escena moi intensa que lles levou a recortar distancias no marcador cun terceiro parcial de 23-16.
Nos últimos dez minutos Burela optou por un cambio defensivo, defendendo en pista propia, bloqueando a un Calasancias que non conseguiu penetrar a zona visitante e terminou encaixando puntos á contra para ceder con autoridade tras un último parcial de 10-20.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu