O CB Burela meteu a sexta exhibindo fondo de armario

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino, Principal

LUIS FERNÁNDEZ – CB Burela

“Minutos y responsabilidad para los que no suelen tenerlos”

CB BURELA 64 – MARISTAS 43

O Club Baloncesto Burela sumou a súa sexta vitoria na Liga Galega preinfantil tras impoñerse ao colista en Vista Alegre, nun partido no que Luís Fernández repartiu minutos de calidade entre todo o persoal e esta respondeu á perfección sobre todo en defensa, onde os mariñaos fixeron un gran traballo.
A calidade dos xogadores locais foi determinante para desnivelar o marcador ao seu favor en momentos clave do encontro. De inicio, nos primeiros minutos, o acerto de Maristas desde o tiro exterior foi moi alto, e con iso tomaron o mando do marcador cun primeiro parcial de 8-13.
Os herculinos, pese a que aínda non coñecen a vitoria en toda esta primeira fase, defenderon por momentos con moita intensidade, e mentres lles acompañaron as altas porcentaxes de acerto no tiro exterior conseguiron lixeiras vantaxes no marcador. Co paso dos minutos Burela, que sempre mantivo a calma, desnivelou o partido cun segundo cuarto moi bo, 23-7 para chegar ao descanso con 31-20. Na segunda parte repetiuse o guión, cunha moi boa posta en escena dos herculinos, 10-19, pero claudicaron nos últimos dez minutos cun 23-4 que deixou o marcador final no 64-43.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu