O CB Burela deu coa tecla para gañar o partido no último cuarto

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

LUIS V. FDEZ – CB Burela

“Pasamos agobios innecesarios por nuestra falta de intensidad”

CB BURELA 68 – B. FERROL 53

Terceira vitoria consecutiva do CB Burela que, malia chegar tarde para engancharse á loita polos primeiros postos, quere confirmar neste treito final de temporada a súa progresión durante esta primeira fase do campionato.
Os de Luis V. Fernández lograron unha vitoria contundente fronte a un rival, Basket Ferrol, que na primeira volta lles endosara unha dura derrota, 60-32.
O partido comezaba con moi boas sensacións para os mariñaos, que lograron as primeiras vantaxes, pero a reacción visitante deixou o parcial do primeiro cuarto en 18-18.
No segundo periodo mantívose a igualdade, con pequenas diferenzas a favor de un e outro equipo e un parcial de 13-17.
Catro puntos que o CB Burela tiña que remontar á volta dos vestiarios. Os mariñaos déronlle a volta ao marcador no terceiro período, 16-10.
O inicio do último cuarto marcou o desenlace do partido. Tras un tempo morto, o adestrador burelao propuxo un cambio defensivo que sorprendeu ao equipo ferrolán. A intensa presión permitiulles aos locais recuperar varios balóns no medio campo, e distanciarse no marcador.
Cando os ferroláns lograron sacudirse a presión, os burelaos xa tiñan renda suficiente para manter o partido controlado e deixar a diferenza final en 15 puntos.

Última xornada
A primeira fase do campionato pecharase co derbi Galén Ensino-CB Burela, un partido ao que os dous equipos chegan con todo decidido de cara a clasificación final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu