Cb Burela caeu ante o potencial físico de Basquet Coruña

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

LUIS FERNÁNDEZ – CB Burela

“No fuimos capaces de superar su físico con nuestra velocidad”

CB BURELA 46 – BASQUET CORUÑA 64

CB Burela intentou xogar a baza da velocidade ante o potencial físico de Básquet Coruña, pero non foi suficiente para facer fronte a un equipo que ocupa a segunda praza da clasificación, con 10 vitorias en 12 encontros.
Os de Luis Fernández aguantaron o seu ritmo durante os dous primeiros cuartos, a base de moito esforzo para superar a diferenza física. Os parciais de 11-15 no primeiro periodo, e 14-14, no segundo, premiaban o traballo dos burelaos que, como contrapartida, chegaron moi cargados de faltas ao descanso. A acumulación de sancións pasoulles factura na segunda metade na que o equipo tivo que empezar a sentar e a dosificar aos xogadores.
Basquet Coruña aproveitou a circunstancia para para despegarse no marcador cun parcial de 11-20 no terceiro periodo. No último, os burelaos intentaron subir liñas e conseguiron reducir a diferenza a dez puntos, pero non puideron seguir acercándose. A superioridade física dos visitantes acabou sendo un obstáculo insalvable para os lucenses.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu