O CB Burela 04 está a un solo triunfo do título Provincial infantil

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Principal

GALÉN ENSINO 54 – CB BURELA 53

CB BURELA 04 77 – CB VIVEIRO 26

CIDADE 56 – ESTUDIANTES 50

NSN 04 30 – FRANCISCANOS 36

 

En Burela descontan xornadas para proclamarse campioas de Liga. O título parece só cuestión de tempo para o equipo de segundo ano do club que esta fin de semana certificou a súa posición hexemónica cunha ampla vitoria en Viveiro, 77-26.
Só Galén Ensino conserva opcións matemáticas de discutirlle o título despois de gañar a CB Burela 05, 54-53. As maís novas estiveron a piques de servirlles o título ás súas compañeiros vencendo as capitalinas. De feito, chegaron ao último cuarto con vantaxe, 37-45. No entanto, no último cuarto, as de Amir Taboada reaccionar e conseguiron remontar por segunda vez o partido, grazas a unha boa defensa, con moitos roubos de balón e control sobre a zona, tomando mellores decisións para finalizar en situacións cómodas. Un final de infarto, contra o relexo, deulle o triunfo a Galén Ensino, que conserva opcións matemáticas de alcanzar a primeira praza, aínda que as posibilidade sexan remotas.
Máis alá da conta atrás para o título, a antepenúltima xornada rematou con vitorias de Franciscanos e Estudiantes en partidos tamén moi competidos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu