CB Burela 04, campión da Liga infantil feminina de segunda división

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Principal

CB VIVEIRO 52 – GALÉN ENSINO 38

ESTUDIANTES 73 – NSN 04 36

 

Malia ter dous partidos pendentes, o Burela 04 converteuse esta fin de semana no primeiro campion provincial. A vitoria de CB Viveiro ante o Galén Ensino, o único equipo con opcións matemáticas de alcanzalas na clasificación, serviulles o título ás de Carlos Madar.
As viveirenses decantaron o encontro na segunda metade, despois de chegar ao descanso por detrás, 18-24. Tras o intermedio, o equipo de Mariluz controlou o rebote defensivo e ofensivo, recuperando balóns que lles permitiron iniciar contraataques e anotar en segundas opcións ata chegar aos 18 puntos, os mesmos que lograran en toda a primeira metade.
No outro partido disputado a fin de semana, Estudiantes impúxose a NSN 04, que aos tres minutos quedaba sen Myriam por lesión. As estudiantís levaron a iniciativa desde o inicio, 15-4 no primeiro parcial, pero no segundo período as visitantes conseguiron manterse no encontro, 12-13. O partido rompeuse definitivamente á volta do descanso cun parcial de 27-11 no terceiro cuarto.
As competicións, tanto masculina como feminina, reservan a vindeira semana para a posta o día, coa disputa dos partidos aprazados doutras xornadas, antes de que o día 29 se xoguen os últimos partidos da Liga.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu