Catro vitorias locais e una a domicilio, de San Ciprián en Viveiro

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

ESTU 04 48 – AXSC 43

CB CELTAS 61 – SAN. SARRIA 39

CIDADE 63 – PORTA XI 33

AG ELEVADORES 68 – ESTU 05 17

CB VIVEIRO 19 – SAN CIPRIÁN 69

 

Estudiantes 04 e Sagrado xogaron o partido máis igualado da xornada na Liga infantil masculina. Os estudiantís foron ao descanso con 9 puntos de vantaxe, 32-23, pero os visitantes lograron equilibrar o encontro nun terceiro cuarto no que correron aproveitando as imprecisións e os fallos debaixo da canastra dos celestes para correr. No último periodo, coa diferenza entre os dous en só un punto, Estudiantes intensificou o seu traballo defensivo e foi ampliando a distancia no marcador.
Cidade logrou a súa sétima vitoria ante Porta XI nun partido no que demostrou a súa superioridade cunha forte presión defensiva, dominando o rebote e aproveitando o seu potencial físico, ante un rival que, pese a todo, deu a cara, cuns bos segundo e terceiro cuarto.
San Ciprián mantense a unha vitoria dos líderes tras resolver con comodidade o encontro ante un Viveiro con catro alevíns na convocatoria.
A primeira xornada da segunda volta deixou unha de cal e outra de area para o CB Sarria.
AG Elevadores non tivo dificultades para impoñerse aos máis novos de Estudiantes 05 no Novo Chanto.
Pola súa parte, os infantís de primeiro ano, Saneamientos CB Sarria, sufriron a superioridade física do CB Celtas, que rompeu o encontro cun segundo parcial de 28-6. Os de Foz levaron o partido ao seu terreo para xogar ao contraataque.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu