Catro vitorias a domicilio nos catro encontros da xornada

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

ESTUDIANTES 59 – SAN CIPRIÁN 61

CB CELTAS 28 – CB RIBADEO 61

ENSINO 03 42 – ENSINO 02 59

TERRA CHÁ 35 – CB SARRIA 72

 

Estudiantes mostrou o seu crecemento na competición nun partido no que puxo a proba a solidez dun San Ciprián que segue en condicións de loitar pola primeira praza. O equipo mariñao, que foi case sempre a remolque no marcador, mantívose no partido grazas á calidade individual dalgunhas das súas xogadoras e sacouno adiante no último cuarto, que comezou catro puntos por debaixo.
Ensino 02 e CB Ribadeo, que encabezan a clasificación con 9 vitorias e unha derrota cada un, resolveron con máis comodidade os seus enfrontamentos da xornada e seguen acumulando forzas de cara ao tramo final do campionato.
As capitalinas impuxéronse no derbi ante Ensino 03, mentres que as ribadenses venceron ao CB Celtas en Marzán. A superioridade física debaixo dos taboleiros, con Sara e Irene anotando 24 puntos cada unha, foi de novo a mellor baza para o equipo de Jose.
A outra vitoria da xornada foi para o CB Sarria, que se impuxo ao Terra Chá en Vilalba. As de Adrián López comezaron a ver aro con facilidade no segundo cuarto logo dun inicio de partido no que o predominou a igualdade.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu