vitorias a domicilio na Segunda División cadete

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

CB BURELA 47 – CB RIBADEO 60

SAGRADO 37 – ORAL DESIGN 72

CELTAS FOZ 35 – CIDADE DE LUGO 77

MGR SARRIA 34 – HIERROS FERREIRO 107

 

O CB Ribadeo gañou o duelo de invictos ante o CB Burela no pavillón de Vista Alegre. A peor versión do equipo local e a mellor do visitante coincidiron na cancha no terceiro cuarto. Os ribadenses impuxeron unha defensa individual moi intensa e un alto ritmo en ataque ante un Burela cun pobrísimo porcentaxe de tiro, especialmente desde a liña de tres. A mellora do Burela no último cuarto, 24-12, non foi suficiente para facer dubidar a un Ribadeo que se reafirma como candidato ao título.
Celtas Foz-Cidade de Lugo Os visitantes impuxeron a sua superioridade nos dous lados da cancha e anotáronse a terceira vitoria da temporada. O resultado ao descanso, 17-43, deixou o partido sentenciado.
Sagrado-Oral Design Os sarriaos puxeron terra polo medio no primeiro cuarto, 2-24, pero despois o encontro igualouse permitindo ao Sagrado Corazón mellorar sensacións con respecto a outros partidos desta temporada.
MGR Sarria-Hierros Ese desequilibrio viuse neste partido no que, tras os cinco primeiros minutos, os de Rubén Engroba impuxeron a súa hexemonía.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu