Cara para Hierros na Segunda División junior

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal

Un triple de David nos intres finais dobregou ao viveiro, que tivo ocasión de escaparse no marcador nun bo terceiro cuarto

Hierros Ferreiro logrou a primeira vitoria ante Academia A Mariña Burela nun partido igualado, con cada equipo xogando as súas bazas e con moita intensidade física sobre a pista, que se decidiu no último minuto.
O encontro chegou ao descanso con dous puntos de vantaxe para os capitalinos tras dous parciais moi axustados -15 a 14 no primeiro e 18 a 17 no segundo-.
Tras o paso polos vestiarios, o CB Burela tomou a iniciativa aproveitando rebotes ofensivos e fallos de HIerros, atascado en ataque, para poñerse por diante no marcador cun parcial de 10 a 17. Os fallos nos tiros libres penalizaron aos visitantes, que tiveron desde a liña a opción de estirar máis a diferenza nun momento clave para o devir do partido. Lamentariano no derradeiro periodo no que, obrigado a remontar para gañar, Hierros Ferreiro subiu a intensidade defensiva ao límite e lanzou varios ataques rápidos con Adrián e Julián que lles permitiron igualar o partido a falta dun minuto para a conclusión.
Nas últimas posesións decidiuse o encontro. Un triple de David puxo terra polo medio. A canastra e tres deixou sen resposta aos viveirenses, que tiveron opción de tiro pero que non acertaron.

Próxima xornada
Tras o parón da vindeira fin de semana a competición reanúdase os días 10 e 1 1 de novembro con dous esixentes duelos para os dous equipos. Hierros Ferreiro visitará ao CB Ribadeo, con dúas vitorias no seu haber. O CB Burela recibirá na casa a Estudiantes, líder tamén con dous triunfos.

O Ribadeo impúxose ao Viveiro nun partido que se decidiu na prórroga tras 40 minutos intensos con máis acerto nas accións defensivas que nos tiros nos dous equipos. No engadido, impúxose o mellor físico do Ribadeo.
Estudiantes venceu a Cidade de Lugo facendo valer o resultado do terceiro parcial, 15-28, tras unha primeira parte igualada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu